3. As muiñeiras vellas ou pandeiradas

3.  As muiñeiras vellas ou pandeiradas.

O corpus de melodías vellas, agrupadas como melodías sen función determinada, son as máis frecuentes e abondosas. Úsanse para cantar as cantigas da zona nos diferentes xéneros musicais.

Tamén se utilizan estas mesmas melodías para interpretar cantos narrativos, cantos de Nadal, cantos de Reis, cantos de berce, regueifas, desafíos, etcétera, modificando o tempo, o ambiente e o espazo no que se canta e cómo se canta.

A pandeirada, denominada tamén muiñeira vella ou canto de pandeiro,  ten unha gran liberdade melódica que explica a súa variedade na estrutura formal. O ritmo e o metro son os elementos esenciais para definila dada a súa gran variedade formal e melódica.

A pandeirada, de metro binario e execución rápida, non ten compás fixo. Consta dunha pulsación rítmica indiferenciada que se divide en tres partes no ritmo da pandeireta ou do pandeiro e en dúas na execución melódica do canto.

O esquema melódico da pandeirada é de catro versos que se pode reducir a tres ou a dous repetidos para os tres ou catro versos octosílabos da estrofa.

Os versos musicais e literarios das pandeiradas preséntanse en cada pentagrama, sen subdivisións. Utilízase dobre liña divisoria cando se modifica o número de pulsacións no seguinte verso. As series rítmicas das pandeiradas, como se pode apreciar, presentan moitas variantes comúns a toda Galicia.

Descarga das partituras en formato PDF e reproducción  en formato MIDI

 

Título

Descarga PDF

Reprodución MIDI

1

Paxariño gorrión

2

Debaixo da miña cama

3

Baile usté ben, bailador

4

Maruxiña do fornelo

5

Non te cases cun ferreiro

6

Arrimeina ó valado

7

Esta noite hai unha tasca

8

O cura maila criada

9

O canteiro pica, pica

10

Unhas sonche costureiras

11

Unha vez fun ó muíño

12

Casei cunha tecelá

13

Ó pasa-la Ponte Castro

14

Non quero ir ó muíño