Axente de Emprego

Derrogación Bolsas de traballo Praza Xerocultor/auxiliar de xeriatria da Residencia

En data 27/11/2017 por decreto de alcaldia 490/2017 resolveuse a derrogación con efectos do 31/12/2017 das bolsas de traballo I, II, III, IV e V da praza de Xerocultor/Auxiliar de xeriatria da Residencia de persoas maiores e Centro de día do Concello de Boimorto.

 

Ver o decreto 490/2017

Tags: 

Convocatoria e aprobacion bases APROL Rural - Axuda a Domicilio

O Concello de Boimorto ven de asinar decreto de aprobación Bases APROL Rural - Axuda a Domicilio para  a contración de 2 auxiliares a tempo completo durante 9 meses.

 

A admisión de candidatos será segundo a selección realizada polo Servizo Público de Emprego de Melide.

Podese ver a convocatoria neste enlace

Implantación administración electrónica.

O Concello de Boimorto deu na data de hoxe un novo paso cara a administración electrónica ao emitir a sua primeira notificación por medios electrónicos, o primeiro conxunto de trámites que se esta a implementar de xeito telemático é a contratación administrativa.

Ao longo dos vindeiros meses vaise implementar en todos os ambitos administrativos: urbanismo, subvencións,... Ata mudar ao longo do vindeiro 2018 ao novo sistema de administración electrónica

Brigada Incendios - Concello de Boimorto

En vista da situación actual de seca e da addenda ao convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Boimorto para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, cuxo obxecto é ampliar o período de operatividade para as brigadas ata o 30 de novembro de 2017 o Concello de Boimorto convoca nova selección para formar cuadrilla municipal de extinción de incendios.

Páxinas

Subscribe to RSS - Axente de Emprego