Axente de Emprego

Rede Xiana 2

O concello de BOIMORTO participa no proxecto RedeXiana2 xunto con outros 90 concellos da provincia da Coruña.
O proxecto é promovido pola Deputación da Coruña e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O seu obxectivo consiste en diminuir os niveis de desemprego da provincia a través da mellora profesional das persoas desempregadas e o apoio ao autoemprego. O proxecto inclúe un programa formativo que combina formación teórica con experiencia laboral en entidades e empresas da provincia de sectores económicos relacionados coa formación impartida.

Rede Xiana - Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña vai desenvolver en colaboración co concello de Boimorto, accións formativas dirixidas a persoas desempregadas dos concellos de Toques, Curtis, Arzúa, Boimorto, Vilasantar e Sobrado.
A formación enmárcase no proxecto RedeXiana2 (Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego), cofinanciado pola entidade provincial e o Fondo Social Europeo.

Publicado movemento na Bolsa de emprego de Auxiliar de Xeritria e estado da Bolsa a 01/03/2013

Cobertura de praza por IT e estado da Bolsa de emprego a 1 de marzo de 2013. Pódese ver as modificacións no seguinte enlace.

Publicada a acta da Selección de Animador Deportivo

Publicouse hoxe a Acta da Selección de Persoal para cubrir a excendecia do Animador Deportivo.
Enlace á Convocatoria

Páxinas

Subscribe to RSS - Axente de Emprego