Clima e Hidrografía

 

O Concello de Boimorto atopase na vertente atlántica, con clima oceánico humido, influenciado pola corrente cálida do Golfo que provoca un aumento da nubosidade e precipitacions e unhas temperaturas medias moi moderadas con pequenos intervalos de variación. Ainda que grazas ao tan temido cambio climático a situación esta cambiando pois estas variaciones de temperatura vanse facendo mais acusadas a cada paso, a temporada de verán vaise alongando e as precipitacions xa non son tan copiosas como antes, ainda que iso si, agora veñen mais de golpe.

A pluviosidade media é abudante, sendo os meses mas chuviosos decembro, marzo e abril.

O rexime de ventos caracterizase polo predomino dos do sector N., oscilando entre NE e NO, nos meses de abril a outubro frescos e claros, e con chuvascos no resto. Son mais constantes os ventos polares en primaveira e veran, predominando os tropicales nos restantes, é decir, de novembre a marzo, prevalecendo os do terceiro cadrante.

Os de S e SSO, frecuentes en decembro e marzo, cerranse en agua, ainda que de corta duración.