Cultura

A cultura é un conxunto de manifestacións nas que se expresa a vida tradicional dun pobo. Inclúe bens materiais, bens simbólicos (ideas), institucións (escola, familia, concello…), costumes, hábitos e leis. Por iso, pódese dicir que toda a sociedade ten cultura, e toda cultura é posta en práctica polas persoas que se interrelacionan.

A cultura non é algo que se ten, senón que é unha producción colectiva, e esa produción é un universo de significado que é transmitido a través das xeneracións.

O Departamento de Cultura traballa para a Promoción e Difusión da Cultura, buscando dinamizar de forma lúdica e divertida o tempo libre promovendo a participación social, potenciando a convivencia e buscando a interrelación entre veciños.

Priman neste departamento os principios de cooperación e colaboración, buscando a promoción, creación e realización de actividades, traballando para poñer en valor a cultura no noso municipio.

A dinamización cultural do municipio lévase a cabo a través da planificación e execución dos programas de actividades culturais, que inclúen, entre outras, as actividades extraescolares ofertadas polo Concello, planificación e organización conxunta con outros departamentos do Concello de festas como o CERTAME DE CANTARES DE REIS, Cabalgata de Reis, ENTROIDO; actividades para colectivos de todas as idades, actividades específicas de ámbitos en auxe (informática...), actividades de verán (campamentos, contacontos, festa do neno…); actividades relacionadas co día das Letras Galegas, convocatoria de premios (Concurso de Minirrelatos en Galego, Concurso de postais de Nadal), Ciclos de Maxia, Outono Cultural; xestión da programación cultural ofertada pola Deputación Provincial e a Xunta de Galicia (teatro, música, maxia, contacontos...).

Novas

Venres, 15/06/2018 Campamento urban de verán
Luns, 12/03/2018 Folleto magreco
Martes, 23/01/2018 Entroido 2018
Venres, 20/10/2017 Axudas Municipais 2017
Mércores, 11/10/2017 Castañada 2017 - 4 de novembro 17
Mércores, 11/10/2017 Saidas ao Balneario de Brión
Mércores, 06/09/2017 Bando Festival 2017
Mércores, 16/08/2017 I Torneo de Padel - Boimorto

Eventos

24/07/2017 - 17:00 to 20:00 Semana Cultural - Festa do neno
03/07/2017 - 10:00 to 21/07/2017 - 13:00 Campamento Urbán: “Boimorto Olímpico” (4 a 12 anos)
25/02/2017 - 09:00 to 28/02/2017 - 23:00 II Edición da Ruta d´Tapas Entroido
12/11/2016 - 20:30 Magosto Popular
05/11/2016 - 20:00 Divermaxia
25/08/2016 - 09:30 Ecoparque de Marín e praia