Mercado

Con diversas empresas e entidades (sobre 25) mostran ó público os seus produtos e servizos. Fomentase a presentación de experiencias inspiradoras, as actividades participativas e o contacto físico co publico.

Dende a apertura do recinto pódese gozar de proxectos de innovación para o medio rural / artesanía / música / gastronomía e actividades para público familiar.

O Mercado de la Luz é o punto de encontro dos que comparten e propoñen ideas que impulsan o desenvolvemento competitivo de Galicia e a sostibilidade do seu medio rural. Un lugar onde gozar da música, a gastronomía e moitas máis actividades dentro do Festival da Luz, e coñecer os lugares e servizos que se ofrecen no Concello de Boimorto.

Se queres estar presente no Mercado da Luz porque desenvolves unha iniciativa produtiva ou tes unha proposta gastronómica, ponte en contacto connosco a través da web: festivaldelaluz.es