Normalización

Boimorto xa dispón dun Servizo de Normalización Lingüística (SNL), que pretende ser un elemento dinamizador do uso do galego tanto dentro como fóra da propia Administración local. Créase coa clara intención de incrementar o uso e prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos do termo municipal e tamén co obxectivo de mellorar a calidade das produciéns lingüísticas.

O SNL abre as portas a calquera persoa particular, asociación ou entidade. Para isto ofrécense unha serie de prestacións co fin de que cheguen á maior parte da poboación e que os/as veciños/as poidan botar man delas.

O SNL traballa a través de tres vías: o asesoramento, a dinamizacion e a formación lingüísticas.

Asesoramento

- Resolución de dúbidas lingüísticas e terminolóxicas-Corrección de textos e pequenas traducións do castelán.

- Información das axudas e subvencións que favorezan o uso do idioma

- Asesoramento sobre os dereitos e deberes lingüísticos da cidadanía

Dinamización

- Realización de actividades que dinamicen o uso do galego nas actividades cotiás: mesas redondas e conferencias, boletíns, propaganda, exposicións, xogos, concursos e certames...

- Elaboración de campañas que incidan no emprego e valoración da lingua galega, actuacións realizadas individualmente polo Concello ou conxuntamente con asociacións ou outras persoas interesadas

Formación

- Información e xestión de cursos de lingua galega para toda a poboación

- Difusión de materiais que axuden ao traballo en galego e contribúan ao aumento da competencia lingüística

- Elaboración de modelos de documentos en galego para facer máis doado o uso cotián dos procesos administrativos: formularios, solicitudes, actas, facturas,...

Se tes algunha dúbida sobre estes servizos ou desexas obter máis información podes poñerte en contacto co SNL na casa do con

cello (981-516020) ou no correo electrónico: normalizacion.linguistica@boimorto.es.

Servizo subvencionado por:

Novas

Eventos

06/08/2011 - 00:00 a 23:59 Feira Mensual de Boimorto
09/07/2011 - 00:00 a 23:59 VI Conrobla
02/07/2011 - 00:00 a 23:59 Feira Mensual de Boimorto