Parking - Camping

PARKING

Está situado o carón do Festival, ocupando unha zona de 13 Ha.

Esta zona conta con dous accesos principais situados ao Norte e Sur da parcela, todas as vías para aparcar están sinalizadas con letras e números, polo que se recomenda fixarse na zona onde se aparca para a volta sexa mellor a localización do vehículo.

No aparcamento contamos con persoal da productora o e persoal voluntario que asistirá en todo momento a calquer festivaleiro/a, polo que se pide que colaboren con eles seguindo as súas indicacións para unha boa coordinación dos servizos, así que non dubiden en consultarlles calquera dúbida.

Asi mesmo, non se pode estacionar nas estradas do arredor, e algunhas delas están cortadas ó trafico, xa que o estacionar nestas vías pode conlevar riscos para a seguridade de todos.

Apertura: venres as 12:00

Prezo: 3,5 € aparcar 1 día e 6 € para todo o fin de semana. Recadación para a productora do Festival.

 

CAMPING

  • Zona de camping: zona joven – zona familiar – zona caravanas (non se fan reservas, o aforo é limitado ata completalo)

Apertura: venres 6 ás 12:00

Peche: luns 9 ás 12:00

Con aseos, duchas e servizo de cafetería.

O acceso o camping estará regulado, solo poderán acceder a el os que teñan entrada para o festival, e será ata completar aforo.