Servizos Sociais

As administracións locais son as administracións que estan máis pretos dos cidadans, as que coñecen mellor os seus problemas e pesares. O primeiro punto onde acode o cidadan a solventar os seus problemas, e en Boimorto tratamos de solventalos con rapidez e profesionalidade. O Departamento que mellor reflicte este interese por facelo ben e que sempre esta ahí cando os veciños o necesitan é o de Servizos Sociais. Un dos departamentos máis activos, pois nos ultimos anos desenvolveronse ou melloraronse moitas iniciativas neste eido.

Unha das primeiras foi o Centro de maiores, que xunto coa consolidación dun servizo de axuda no fogar con máis de 50 usuarios constituen a base de partida dos servizos de atención social que se desenvolveron a posteriori. Outro dos fitos importantes foi a posta en marcha do Punto de Atención a infancia, que contan con 20 prazas para atender a nenos/as de entre 0 e 3 anos. E a gran aposta, a Residencia e Centro de Día que oferta 23 prazas residenciais e 30 de Centro de Día. Invitamosvos a seguir buceando nesta web para descubrir máis información sobre estes servizos.