Centro de maiores

COCIDO DE ENTROIDO NO CENTRO DE MAIORES

 O venres 13 de febreiro celebraremos no Centro de Maiores de Boimorto un bo cocido para festexar o Entroido.

Poden anotarse os que lles apeteza vir e pasar con nós un día de festa e celebración. Iso si, deberá haber un mínimo de 50 anotados.

O xantar será ás 2 do mediodía no mesmo centro e deberedes anotarvos antes do 9 de febreiro no Centro Social, pagando no momento de anotarse 12€ por persoa.

COMIDA - BAILE NO CENTRO DE MAIORES

 
O venres 12 de decembro os do centro de maiores organizamos unha comida no Nati. Poden participar todos os xubilados e xubiladas que queiran aínda que non vaian asidualmente ó centro.
Haberá transporte coma sempre e despois do baile levarémolos a casa.

Actividades Centro de Maiores

O concello de Boimorto empeza con éxito as actividades do Centro Social de Maiores ó que acoden máis de 50 persoas a diario.

Centro de Maiores

Comeza o mes de outubro e con el as actividades do Centro de maiores:

Subscribirse a RSS - Centro de maiores