emprego

Praza Auxiliar administrativo Media Xornada - Interinidade

Na data de hoxe saiu publicado no BOP da Coruña, numero 245, a Convocatoria e aprobación de bases para contratación dun/ha auxiliar administrativo/a interino/a a xornada parcial para o departamento de servizos sociais, por concurso oposición e formacion de bolsa de emprego.
Data limite de presentación: 07/01/2019

 

Ver a oferta de emprego.

Tags: 

IV BOLSA DE EMPREGO - AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO E APOIO A PERSOAS MAIORES DO CONCELLO DE BOIMORTO

IV Bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais como auxiliar de axuda no fogar e de apoio a persoas maiores

Ven de sair publicada no BOP de hoxe 07/12/2018 a convocatoria e bases específicas para a formación da IV Bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais como auxiliar de axuda no fogar e de apoio a persoas maiores.

As persoas interesadas en participar no proceso selectivo deben achegar a solicitude asinada ao Concello antes do día 14 de decembro as 23:59 h.

Publicacion Bases Bolsa contratacións temporais director Residencia e Centro de Día.

No BOP de data 15 de Novembro de 2018 - Numero 218 saen publicadas as bases para a formación da I bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais como director/a da residencia de persoas maiores e centro de día.
Nas mesmas establecese un prazo de 5 días habiles contados a partir do día seguinte da publicación do anuncio para presentar as solicitudes para participar no proceso selectivo: No caso que nos ocupa ao ser publicado o 15 de novembro a data limite para presentación de ofertas é o 22 de novembro de 2018 ás 23:59 h.

Tags: 

Páxinas

Subscribirse a RSS - emprego