magreco

Vendidas 14 xovencas en Magreco nunha poxa que superou os 46.000 euros e contou coa asistencia do conselleiro de Medio Rural

  • As tres rubias galegas mercounas un mesmo gandeiro por algo máis de 6.500 euros

  • A última frisoa acadou o prezo máis alto da xornada, 6.100 euros, e as dúas máis baratas vendéronse en 2.950 euros cada unha

  • O conselleiro José González e a xefa territorial visitaron a feira de maquinaria agrícola acompañados pola alcaldesa María Jesús Novo

Magreco volve a Boimorto os días 23 e 24 de marzo con actividades para profesionais e público en xeral

·      A feira de maquinaria agrícola e forestal cumprirá o seu décimo aniversario cunha completa exposición de marcas e novidades

·      O programa inclúe un mercado de artesanía e produtos do campo, charlas sobre pragas e hortas, e obradoiros de olería e estampaxe textil 

·      O domingo celebrarase a tradicional poxa de xovencas e pechará a cita un concerto de Xascariz

·      A rapazada poderá disfrutar de inchables e un circuíto de tractores a pedais durante toda a fin de semana

Magreco celébrase o 28 e 29 de marzo cunha mostra de cans de caza, maquinaria agrícola e a poxa de xovencas

Unha exposición de cans de caza das razas Beagle e Beagle Harrier será este ano unha das principais novidades de Magreco, a feira de maquinaria agrícola e forestal, razas autóctonas e produtos ecolóxicos que organiza o Concello de Boimorto en colaboración coa Consellería de Medio Rural. A edición 2020 celebrarase durante os días 28 e 29 de marzo nos arredores do polideportivo municipal, e volverá a contar coa tradicional poxa de xovencas, que o domingo a mediodía se converte nun dos actos máis concorridos de Magreco.

Magreco rinde homenaxe a José Moreira Pardiñas durante a poxa de xovencas

Páxinas

Subscribirse a RSS - magreco