novas

Novas de Servizos Sociais

   * Comunícaselle ós propietarios de vivendas baleiras que as queiran alugar que a Xunta de Galicia ten un programa de vivendas baleiras para alugueiro social. Se queren inscribir a súa vivenda para este tipo de alugueiros póñanse en contacto cos servizos sociais do Concello de Boimorto.

Novas de Deportes

   * Campionato Provincial Bádminton: varios deportistas representarán a Boimorto neste campionato que se celebrará o sábado 7 en Cedeira. Acudirán en categoría benxamín feminino Noa Chorén e Mara Costoya, clasificadas en 1ª e 3ª posición respectivamente no intercomarcal. En categoría alevín feminino Sabela Lois e Silvia García clasificadas como 1ª e 2ª no intercomarcal. En alevín masculino Iñaki Gayoso, clasificado como 1º no intercomarcal. En infantil feminino Xoaña Ares e Marta Peteiro clasificadas como 3ª e 4ª.

Tags: 

Novas de Emprego

CONVOCATORIA DOS PREMIOS "CAMIÑO DE SANTIAGO" 2016

Tags: 

Subscribirse a RSS - novas