visita oficial

Visita Vicepresidenta Deputación da Coruña

Na tarde de onte, a Vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartin, fixo unha visita oficial ao Concello de Boimorto.

Logo da sinatura no libro de Honra do noso Concello, a Alcaldesa e membros da corporación visitaron o Centro de Maiores, o Punto de Atención á infancia e a Residencia para persoas maiores do Concello. Nesta ultima instalación poideron ver de primeira man o funcionamento do centro e o mimo co que se trata aos nosos maiores, así como, o avance das obras de ampliación que o Concello esta a promover no centro.

Subscribirse a RSS - visita oficial