News

Cartel Carreira Pedestre - Triptico Canicros

Os Carteis da Carreira e o Triptico do Canicross podense consultar nos seguintes enlaces.

Agardamosvos o 27 de setembro de Boimorto.

Cartel Carreira.

Triptico Canicros.

Pulseras identificativas para menores no Festival de la Luz 2014

O Concello de Boimorto en colaboración coa Cruz Vermella pon en funcionamento o servizo de pulseras identificativas no Festival de la Luz 2014.

Todos os pais/nais/titor/es que acudan con menores o Festival, poderán achegarse a carpa que a Cruz Vermella ten ubicada dentro do recinto onde se lles será colocada unha pulsera co teléfono do pai/nai/titor/a os menores para que sexa máis sinxelo a súa localización.

Curso de Galego - Preparatorio para o CELGA

O concello de Boimorto, ante a demanda dalgúns veciños/as, quere solicitar un curso de galego. Estes cursos, gratuítos, son preparativos para despois presentarse ás probas do Celga. O curso dura dous meses aproximadamente e serían dúas horas por clase, cinco días á semana e o horario pódemolo solicitar nós. Hai diferentes niveis, solicitaremos o que consideremos máis apropiado para os que se anoten. Para poder realizar o curso debe haber un mínimo de 20 anotados, por iso ímolo pedir conxuntamente con Mesía e Sobrado.

Pages

Subscribe to News