News

Punto de Atención á Infancia

* Ábrese o prazo para a renovación de matrículas dende o 1 ao 15 de xuño(ámbolos dous incluídos).
* O prazo para as novas inscricións será dende o 20 de xuño ao 20 de xullo(ámbolos dous incluídos).
Información e solicitudes nos Servizos Sociais

Curso de Taichi nas parroquias

En xullo e agosto haberá Taichi nas parroquias. Serán clases dunha hora de duración e dous días á semana. Para formar grupo terá que haber un mínimo de 8 persoas inscritas desa parroquia.
O prazo de inscrición remata o luns día 20 de xuño. As clases comezarán o 1 de xullo.
O prezo é de 20 euros os dous meses.
 

Apertura da Piscina Municipal

O sábado 18 de xuño a Piscina Municipal abrirá as súas portas en horario de 12:00 a 20:00 horas. Para anotarse ós cursos de natación inscribirse na propia instalación falando co socorrista.

Pages

Subscribe to News