Feiras e Festas

Feira mensual. Primeiro xoves de mes.

feira boimorto

Durante moito tempo a feira se celebrou o 14 e 28 de cada mes, estes días Boimorto víase invadido por gran cantidade de tendas e animais para a venda. Os animais ían para a praza Campo da Feira salvo o gando porcino que se repartían: os leitóns para a praza da gándara e os adultos para a Fonte da Bica. No tocante as tendas de roupa, alimentación, apeiros,... repartíanse por toda a rúa gándara.

feira boimorto

Debido á escaseza de postos e ao gran auxe da feira celebrada no Concello veciño de Arzúa a mediados da década dos 60 deixouse de celebrar a feira en Boimorto. Xa nos anos 80 houbo unha tentativa de recuperar a feira mensual que non deu bos froitos e houbo que agardar ata maio de 2010 cando dende o Concello se promoveu a recuperación da feira mensual de Boimorto, esta vez cunha celebración única mensual emprazada para o primeiro xoves de mes e que tería lugar na praza da Gándara

Esta primeira edición foi un grandísimo éxito de publico e postos, pois xuntáronse mais de 40 postos de venda profesionais e uns 15 de excedente agrario. Dende aquela a feira constitúe un punto de encontro dos nosos veciños onde hai postos de productos agrícolas da comarca, roupa, plantas e unha zona onde degustar churros e o polbo, .... Todo isto sen perder de vista o mais importante, recuperar unha tradición que tiña tanto arraigo na noso Concello.

feira boimorto

Feiras a maiores

No ano  2013 xa coa feira mensual ben asentada e vendo que este tipo de iniciativas era ben acollida entre os nosos veciños decidiuse organizar unha feira de temática Rural, Magreco 2013. Neste evento reunimos maquinaria agricola nova, exposición de tractores antigos e unha mostra de artesania e productos ecolóxicos.

O orixe desta feira remontase ao 2012 no que se fixo un exposición de maquinaria agricola nova. Pese ao reducido dos comezos a exposición xa tivo bastante exito e no ano 2013 pensouse en diversificar e convertila nunha feira na que no so se mostrara a maquinaria nova, senon que tivesen cabida outras actividades e unha maior oferta de ocio para o desfrute de toda familia.

Máis info sobre Magreco 2013.