Ante a necesidade de cubrir a praza de animador deportivo do Concello de Boimorto durante a excedencia concedida ao titular de dita praza e ata a súa incorporación convocase un procesos selectivo de persoal laboral temporal para cubrir a antedita praza.
Presentación de Instancias: Ata as 14:00 horas do 12 de xaneiro de 2013. Debido a urxencia da contratación solo se permite a presentación no Rexistro do Concello.
Excursión a San Andrés de Teixido.
Día: O sábado 26 de xaneiro.Hora: Sairemos do Campo do Rosario ás 09:30.Idade: Todas as idades. Os menores deberán ir acompañados dun adulto.Prezo: 20€ coa comida incluída nun restaurante de Cedeira.Características: Visitaremos San Andrés de Teixido. Sobre as 12:15 horas haberá unha misa no santuario á que poderemos asistir. Unha vez rematada a misa iremos a xantar a Cedeira. Xa pola tarde e de volta pararemos nas Pontes de García Rodríguez a facer unha visita guiada.Inscricións: ata o 19 de xaneiro pola mañá.