News

RESULTADOS 1ª XORNADA INTERMUNICIPAL DE BÁDMINTON

A xornada celebrouse o día 17 de xaneiro no pavillón de Trazo. O concello de Boimorto estivo representado nas categorías benxamín masculino (Ismael Regueiro), benxamín feminino (Noa Chorén e Mara Costoya) e alevín feminino (Sabela Lois, Silvia García e Lúa Costoya). A competición consiste en partidos entre todos os participantes da categoría, establecéndose a clasificación en función do número de partidos gañados.

·        Ismael Regueiro finalizou primeiro con 6 puntos (4 partidos gañados e 1 perdido).

COCIDO DE ENTROIDO NO CENTRO DE MAIORES

 O venres 13 de febreiro celebraremos no Centro de Maiores de Boimorto un bo cocido para festexar o Entroido.

Poden anotarse os que lles apeteza vir e pasar con nós un día de festa e celebración. Iso si, deberá haber un mínimo de 50 anotados.

O xantar será ás 2 do mediodía no mesmo centro e deberedes anotarvos antes do 9 de febreiro no Centro Social, pagando no momento de anotarse 12€ por persoa.

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL

Dirixido a aquelas persoas que teñen experiencia laboral (mínimo 3 anos) e/ou formación (mínimo 200 ou 300 horas) relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar.

Tags: 

Pages

Subscribe to News