Cultura

Ruta de Sendeirismo o dia 27 de abril de 2013

A ruta de sendeirismo do vindeiro 27 de abril cambia de punto de partida/chegada, ao final faremola polas parroquias de Corneda, Rodieiros e Dormeá. Un percorrido de 12 km que se deberia facer nunhas 3 horas.
O punto de partida e chegada será a igrexa de Corneda, sairemos ás 10 da mañá e a chega da será a iso da unha do mediodía. Recomendamos: levar calzado cómodo, gorra, chuvasqueiro e calcetíns de reposto; asemade tamen é importante a comida e bebida. 

Rede Cultural - Deputación da Coruña

Poñemos en coñecemento dos veciños que está aberto o prazo para solicitar as actuacións dentro da Rede Cultural promovida pola Deputación da Coruña. Para máis información ou solicitudes teñen toda a información na web da deputación:http://www.dicoruna.es/cultura/rede-cultural/ .
Para calquera dubida podense poñer en contacto tamen co Concello onde lles asesoraremos o mellor posible nesta materia.

O ESTRANO VELORIO - Grupo Nenas Grandes

Friday, 8 March, 2013 - 00:00 to 23:59

O grupo de teatro integrado por veciños do Concello de Arzúa virán representar unha obra cómica na Casa da Cultura:
A Aula de Teatro Municipal “ÁNXEL CASAL” de Arzúa, presenta:
Titulo: O ESTRANO VELORIO
Interpreta: Grupo Nenas Grandes

Reunión coa mocidade

Saturday, 23 March, 2013 - 00:00 to 23:59

Ó Concello de Boimorto gustaríalle poder contar coa mocidade do municipio para que se involucren e fagan seus os eventos culturais ou deportivos formando un grupo de colaboradores/as. Este grupo poderá colaborar activamente non só na realización da actividade, senon que tamen na sua organización propoñendo ideas e actividades.

Pages

Subscribe to RSS - Cultura