SUBVENCIÓN AO CONCELLO DE BOIMORTO OBRAS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA

CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN AO CONCELLO DE BOIMORTO PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN EDIFICIOS E INFRAESTRUTURAS VINCULADOS Á PRESTACIÓN DE SERVIZOS MUNICIPAIS, COFINANCIADA POLA UNIÓN EUROPEA NO MARCO DO PROGRAMA GALICIA FEDER 2021-2027 O Concello de Boimorto recibiu unha subvención da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ao abeiro da Orde do 27 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual ( 2025-2026) e en réxime de concorrencia competitiva,  para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, cofinanciadas nun 60% pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

A denominación do proxecto é " MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DA CASA DA CULTURA" e ten por obxecto a mellora da envolvente térmica, a iluminación e o sistema de calefacción da casa da cultura. 

O importe investido para dito proxecto foi de 149.996,28 €, o cal foi financiado cunha achega do 80% e cun valor de 119.997,02 €.



DATOS BÁSICOS DA SUBVENCIÓN

Núm. de expediente:

PR486D/2025/016

Beneficiario:

Concello de Boimorto

NIF:

P1501000B

Denominación do proxecto:

Mellora da eficiencia enerxética da casa da cultura

Obxecto do proxecto:

Mellora da envolvente térmica, a iluminación e o sistema de calefacción da casa da cultura.

Data de presentación da solicitude:

13/03/2025 13:25

Data de inicio do proxecto:

13/03/2025 13:25

Data de finalización do proxecto:

31.10.2026

Custo total do proxecto:

149.996,28 €

Orzamento elixible:

149.996,28 €

Custos directos:

145.627,46 €

Custos indirectos ( custos simplificados, 3% sobre custos directos):

4.368,82 €

Importe da subvención:

119.997,02 €

Feder ( 60%)

89.997,77 €

Fondos da Comunidade Autónoma ( 20%)

29.999,26 €

% financiamento:

80,00 %

Importe anualidade 2025:

31.787,28 €

Importe anualidade 2026:

88.209,74 €

Achega municipal ( 20%):

29.999,26 €

Localización:

O proxecto desenvolverase no Concello de Boimorto

Provincia:

A Coruña

Tags: 

Category: