Cultura

I Torneo de Verán de Tute para os usuarios do Centro de Maiores

Monday, 13 June, 2011 - 00:00 to Friday, 24 June, 2011 - 23:59

Do 13 ó 24 de xuño celebrarase este primeiro torneo de verán. Os usuarios do centro que estean interesados en participar deberán inscribirse no propio Centro falando con César.

Excursion a Portugal

O 19 de novembro realizaremos unha excursión para visitar o santuario do Bom Jesús (Portugal), pola mañá farase unha parada no Feirón de Vilanova da Cerdeira.
O custo é de 30€ por persoa e inclúese almorzo, xantar e transporte.
Os interesados deben anotarse no Concello ata o día 11 de novembro (mínimo 50 persoas). Se o tempo non o permite cambiarase a excursión para outra fin de semana.
Saida será dende o Campo do Rosario ás 7:00.

Cea-Baile de Nadal

O venres 16 de decembro, gran cea-baile de Nadal para todos os veciños/as. Este ano no Concello pensamos en celebrar unha xuntanza popular para celebrar estas datas tan importantes para todos, haberá cea que estará amenizada por un dúo musical e sortearemos unha cesta de Nadal.
A data límite para apuntarse é o 12 de decembro na Casa do Concello ou chamando ao 981 51 60 20.
O Custe da cea será de 20 €/persoa.

Horario acceso libre á aula de Informática

Horario acceso libre á aula de Informática (Provisional)
- Luns e xoves de 11:00 a 13:00
- Xoves de 16:30 a 18:30

Pages

Subscribe to RSS - Cultura