* O Concello de Boimorto xunto cos concellos de Sobrado, Vilasantar, Toques, Curtis e Mesía sendo promotor Sobrado ten concedido un Obradoiro de Emprego “ O Fogar da Montaña” coas especialidades de “ Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” e “ Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”. Toda persoa interesada en participar no proceso selectivo deberá ser demandante de emprego inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia e solicitar expresamente o seu interese en participar en dita selección na Oficina de Emprego de Melide.