Axente de Emprego

Axudas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

O Concello de Boimorto resultou beneficiario pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
da Xunta de Galicia das axudas destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema
nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027.
 

Mantemento persoal técnico Cultura

O CONCELLO DE BOIMORTO obtivo subvención por importe de 10.000€ da Deputación da Coruña para

MANTEMENTO DE PERSOAL TÉCNICO

NOS SERVIZOS MUNICIPAIS DE CULTURA

dentro do programa FO206/2025 de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2025, cun emprego da lingua galega fomentando o seu uso nas actividades culturais.

Mantemento persoal técnico Deportes

O CONCELLO DE BOIMORTO obtivo subvención por importe de 15.000€ da Deputación da Coruña para

MANTEMENTO DE PERSOAL TÉCNICO

NOS SERVIZOS MUNICIPAIS DE DEPORTE

dentro do programa FO106/2025 de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de deporte en 2025, cun emprego da lingua galega fomentando o seu uso nas actividades deportivas.

2024/E001/000009 Brigada Municipal de Incendios

O Concello de Boimorto convoca selección de persoal, con formación de Bolsa de emprego, para a brigada municipal de prevención de incendios forestais.

  • 1 Xefe de Brigada

  • 1 Peón Conductor

  • 3 Peóns

Prazo de presentación de instancias: ata o 09/07/2024

Pages

Subscribe to RSS - Axente de Emprego