Publicado o Decreto de formación da Bolsa e nomeamento para cubrir unha praza de Axente de Emprego e Desenvolvemento Local por baixa da titular.
Mais información na sección de emprego
Un dos servizos que se ofrecen dende o propio Centro Residencial é o servizo de comedor para os veciños que así o desexen. Os unicos requisitos para poder acceder serán os seguintes:
Ser maior de 65 anos
Ser maior de 60 anos e ser pensionista.
Para poder acceder ao comedor deberase recoller os tickets que estarán á venda no Centro Social de Maiores ou no propio Centro Residencial, este ticket será válido para un xantar ou unha cea.
Ao longo do mes de abril procederase á apertura do ximnasio de máquinas de musculación, ubicado no baixo da cámara agraria. Os interesados en usar este servizo deberán entrevistarse previamente co técnico deportivo.
Publicada a Lista Provisional de admitidos e excluidos para cubrir unha praza de Axente de Emprego e Desenvolvemento Local por baixa da titular.
Mais información na sección de emprego