Este evento ten como obxectivo fundamental o de fomentar a expresión artística e revalorizar a nosa identidade cultural, intentando recuperar a tradición dos Cantares de Reis que permanece aínda viva nesta nosa comarca e en moitas outras de Galicia.
Coa intención de conservala, darlle pulo e relevancia, este Concello de Boimorto convoca para o día 3 de Xaneiro de 2016, ás 16;30 horas o XII Certame de Cantos de Reis.
O pasado día 16 de setembro fixose entrega dos diplomas ás 24 mulleres que están a participa no Programa Clara. A entrega tivo lugar no Salón de plenos do concello e estivo a cargo do Alcalde Presidente D. Gonzalo Concheiro e a Tenente alcalde Dna. Mª Jesús Novo Gómez durante o acto destacouse a aposta que desde o concello se fai para formación e profesionalización das súas veciñas así como o bo traballo e implicación das mulleres que están a participar no mesmo.