deportes

Novas de deportes

   * Resultados Campionato Provincial Bádminton: En categoría Benxamín feminino, Noa Chorén acadou o segundo posto e Mara Costoya o oitavo. En categoría Alevín feminino, Silvia García finalizou 5ª e Sabela Lois 8ª; en masculino Iñáki Gayoso acadou o posto 13º. En Infantil feminino, Xoana Ares e Marta Peteiro acadaron os postos 7º e 8º respectivamente. En categoría Cadete masculino, Sergio Cajide rematou nun 5º posto. Dende aquí queremos felicitalos a todos polos resultados e transmitirlles os nosos parabéns. ¡Noraboa Campións!.

Tags: 

Novas de Deportes

   * Campionato Provincial Bádminton: varios deportistas representarán a Boimorto neste campionato que se celebrará o sábado 7 en Cedeira. Acudirán en categoría benxamín feminino Noa Chorén e Mara Costoya, clasificadas en 1ª e 3ª posición respectivamente no intercomarcal. En categoría alevín feminino Sabela Lois e Silvia García clasificadas como 1ª e 2ª no intercomarcal. En alevín masculino Iñaki Gayoso, clasificado como 1º no intercomarcal. En infantil feminino Xoaña Ares e Marta Peteiro clasificadas como 3ª e 4ª.

Tags: 

Campaña Esqui 2016

O Concello de Boimorto ten 3 prazas para os rapaces/zas empadroados no Concello de Boimorto, correpondenos a 5ª quenda.

 

Anotadevos antes do 22 de xaneiro de 2016.

Triptico anunciador.

 

Pages

Subscribe to RSS - deportes