Detectado un erro menor no decreto de convocatoria destas prazas publicase na data de hoxe o decreto de rectificación de este erro, para acceder a esta rectificación prema no seguinte enlace:
O Concello convoca 2 prazas para a cuadrilla municipal de obras e servizos minimos.
* 1 Posto de oficial de segunda.
* 1 Posto de Peón.
Cunha xornada semanal de 25 horas e a duración do contrato será de 3 meses. Esta contratación está subvencionada pola Deputación Provincial da Coruña.
A data limite para presentar a solicitude de participación será o 22 de Maio de 2015 (INCLUSIVE) pero, tal e como esixe a normativa da subvención, os interesados teñen que figurar na sondaxe que se realiza desde o INEM.
De conformidade co establecido na disposición transitoria única do Real Decreto 635/2014 de 25 de xullo, fanse públicos os cálculos trimestrais dos períodos medios de pagamento a provedores nesta Corporación.