Como ven sendo habitual o Concello de Boimorto tamen participa este ano na Campaña de esqui anual que organiza a Deputación da Coruña. Este ano a actividade desenvolverase na estación de Leitariegos e poderan participar rapaces/zas nados/as nos anos 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006 que terán que aboar 95€ en concepto de cota de participación.
Convocase unha Bolsa de emprego de Animador Deportivo para contratacións temporais, o procedemento de selección será mediante concurso. O persoal que esteña na bolsa contratarase a fin de cubrir licencias, permisos,.. do titular da praza.
O prazo de presentacion de instancias será de 10 dias naturais contados a partir do dia seguinte da publicación desta convocatoria no BOP da Coruña.
EDICIÓN: Publicado no BOP de 26/12/2016. --> Acceso ao BOP