Toca esperar... esperar a que volva a rutina...
Esperar significa ter esperanza de lograr que se realice algo que se desexa, por eso neste tempo de recollida, esperamos moitas cousas: xogar cos amig@s, reunirnos, saír pasear, ir á praia.... Esperamos a rutina que nos agobiaba cada mañá cando soaba o espertador. Como toca tempo de recollida queremos mostrarvos a iniciativa #DivirTeTenorural na que se pretende que a veciñanza de todas as idades participe nas actividades que se van propoñer.
Queremos que participedes coas vosas propostas, suxestións, iniciativas...., queremos que sexa unha páxina aberta, viva e dinámica para expresar o que nos queirades contar dende os cero ata os 100 anos. Todos e todas temos unha historia, un conto, unha vivencia, una experiencia... que compartir, podes remitírnolas por correo a divirtetenorural@gmail.com
Por último, unha petición ós máis xóvenes, compartide cos vosos pais, nais, avós e avoas os contidos que imos publicando. Para aquelas persoas que non dispoñan de facebook creamos unha nova conta de whatsapp para o Concello no 981 516 020.
Agréganos como contacto e envíanos un whatsapp coas actividades que che interesan e cada día que saia unha nova remitímoscha.
A “programación” das actividades é a seguinte:
Luns – #OsPequechosdaCasa - Enfocado ás crianzas: actividades, manualidades sinxelas, fichas, contos ilustrados, psicomotricidade...
Martes - #ActividadesDidacticas - Enfocado a nen@s en idade escolar (primaria e secundaria): actividades de repaso, de reforzo, técnicas de estudio, recursos educativos...
Mércores - #TraballacoasMans - Enfocado a todas as idades: manualidades con obxectos comúns nas casas, receitas, labores do campo ...
Xóves - #Actividadespara@sSenior - Fichas de actividades, mantemento deportivo e funcional, exercicios de memoria e psicolóxicos...
Venres - #Culturizados - Para toda a poboación. Contidos sobre o coronavirus, información de interese cultural, novas, contidos variados...
Sábado - #BoimortoTenMoitoConto - Para toda a poboación. Contido elaborado pola veciñanza: contacontos, contahistorias, experiencias vitais...
Category: