News

Ximnasio Municipal.

Durante estes meses de verán o ximnasio municipal contará con persoal cualificado para asesorar ós usuarios que queiran facer uso da instalación. Lembramos que para facer uso deste servizo debe posuírse o carné de socio o cal se pode tramitar nas dependencias do concello.

Matriculas Novas - Punto de Atención á Infancia (Garderia Municipal)

Ábrese o prazo de matrícula de novas admisións para o curso 2013/2014 dende o día 8 ó 26 de xullo de 2013. Todas aquelas persoas interesadas en matricular ós seus fillos/as poden pasar polo concello (departamento de servizos sociais) en horario de 9:00 h a 11:00 h.
Mais información no teléfono: 981 53 85 07 (en horario de 8:30 h a 16:30 h)

Axudas a Natalidade - Transporte Escolar.

No BOP num. 120 de 26 de xuño de 2013 publicáronse as bases para as axudas ao transporte e natalidade.
As axudas ao transporte van encamiñadas a axudar a aquelas familias que tivesen que desprazar durante este curso 2012/2013 a algún dos seus membros a estudar fora do Concello de Boimorto, o prazo de presentación de solicitude remata o 13 de xullo.
As axudas a natalidade poderán ser solicitadas para aqueles nacementos ocorridos entre o 1 de decembro de 2012 e o 30 de novembro de 2013. O prazo para solicitar estas axudas rematara o 30 de novembro de 2013

Pages

Subscribe to News