News

Outono Cultural na Casa da Cultura.

- Contacontos para adultos, do actor da TVG Santi Prego. O 8 de outubro ás 9 da noite.
- Obra de Teatro “Se o sei… non volvo a casa” a cargo do Grupo de Teatro Asociación Cultural Charamela de Melide. O 22 de setembro ás 9 da noite.
 

Excursións a centros comerciais

Para todas as idades. Os menores deberán ir acompañados dunha persoa adulta, ou ben, os pais asinar unha autorización onde se poña de manifesto que o Concello non se responsabiliza en ningún momento dos rapaces. Ademais insistimos na hora de saída e de regreso, non se esperará por ninguén. Máximo de 25 prazas, no caso de haber lista de espera na seguinte saída terán preferencia.
As saídas realizaranse os sábados e darán comezo no mes de novembro.

Aula de Informática / Biblioteca

Ponse en coñecemento dos veciños que a Aula de Informática/Biblioteca abre de novo as súas portas no local sito detrás da oficina de Caixa Galicia. As actividades comezan o 10 de outubro
* Luns e Martes: de 16:00 a 19:00. Clases de Apoio e acceso libre ós ordenadores.
* Mércores: de 16:30 a 18:30 Curso de iniciación á informática e Mecanografía para nen@s. De 18:30 a 20:00 acceso libre.
* Xoves: de 16:30 a 18:30, Curso de iniciación á informática e mecanografia para nen@s. De 18:30 a 20:00 acceso libre.

Pages

Subscribe to News