· As persoas asistentes poderán deixar os seus vehículos nas áreas habilitadas na rúa Asientos, detrás do pavillón e nas parcelas xunto á igrexa e a funeraria Cardelle
· Nas inmediacións do colexio estará prohibido circular e aparcar durante os tres días da feira multisectorial
· Outras rúas serán de sentido único e non se permitirá estacionar
O Concello de Boimorto habilitará cinco zonas de aparcadoiro gratuíto e prohibirá o tráfico en diferentes rúas do casco urbano, ademais de modificar o sentido de circulación noutras para facilitar a asistencias a todas as persoas que esta fin de semana queiran visitar Magreco. Como novidade, a exposición de maquinaria agrícola abrirá as súas portas este mesmo venres 28 no campo do Rosario e poderá visitarse ata o domingo, día no que se celebrará a poxa de xovencas de raza rubia e frisoa a partir das 12.00 horas.
O Concello agarda a asistencia de milleiro de persoas durante os tres días, polo que habilitou cinco zonas de aparcadoiro gratuíto nas inmediacións do recinto escolar. As persoas visitantes poderán deixar os seus vehículos na parcela da rúa Asientos, na finca da reitoral (situada detrás do polideportivo) e nas parcelas xunto á igrexa e á funeraria Cardelle. Estas zonas de estacionamento son todas gratuítas.
Así mesmo, cortarase o tráfico as rúas María Botana e na travesía do Campo do Rosario os tres días de celebración de Magreco, na rúa Campo do Rosario está prohibido circular os días 29 e 30 de 10.00 a 21.00 horas. A rúa a Rosa e Campo da Igrexa serán de sentido único de circulación. Ademais de nas rúas mencionadas, estará prohibido aparcar tamén nas rúas Casal de Munín A Roda e O Pazo o sábado e domingo.
O equipo de goberno que preside María Jesús Novo agradece a boa disposición e colaboración de toda a veciñanza e visitantes para contribuír un bo desenvolvemento da feira.
Para a celebración desta undécima edición de Magreco, o Concello de Boimorto conta co patrocinio de Abancac, que por primeira vez colabora coa feira multisectorial. Tamén colaboran ca organización a Conselleria do Medio Rural da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, Tractor Ocasión, Africor e Acruga.
Programa
A exposición de maquinaria agrícola, forestal e de xardín, que reúne no campo do Rosario unha completísima mostra das últimas novidades ofrecidas polas principais marcas do sector, abrirá Magreco 2025 o venres 28 de marzo.
Será o sábado 29 cando se celebre o acto de apertura oficial da feira, ao mediodía. As portas abrirán ás 11 da mañá e xa un cuarto de hora antes, ás 10.45 h., comezará unha charla sobre a Política Agraria Común (PAC), que impartirá na carpa da poxa o xefe de servizo do FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria), Javier Franqueira.
Por outra banda, agricultores e gandeiros terán á súa disposición unha unidade móbil da Oficina Agraria para poder resolver as súas dúbidas e facer algúns trámites.
O sábado 29 de marzo ao longo de todo o día, as persoas asistentes á feira terán a oportunidade de gozar dunha exposición de cetrería, que se completará cun dous espectáculos de exhibición de voo de aves de cetrería ás 13.00 e ás 17.30 horas, e da degustación de produtos do mar grazas á foodtruck da campaña Galicia sabe amar da Xunta de Galicia.
Tamén se desenvolverán distintos obradoiros. Haberá dous para persoas adultas, un de coiro que dará comezo ás 12.30 horas, e outro de macramé, que empezará ás 18.30 horas. Pola súa parte, a cativada de máis de catro anos (nadas antes de 2021) poderán participar nun taller de decoración de macetas a partir das 16.30 horas. Todos os obradoiros teñen un aforo máximo de 15 persoas e, para inscribirse, as persoas interesadas deberán inscribir indicando os seus datos ao correo electrónico cultura@boimorto.es. A praza será confirmada pola mesma vía.
O domingo desenvolverase un dos platos fortes de Magreco: a poxa de xovencas das razas rubia galega e frisoa. Esta poxa contará coa presenza da directora territorial de Medio Rural, Nieves Mancebo, e ao remate procederase ao sorteo de 200 euros doados por Botica do Campo, dun lote de produtos da feira e dunha hidrolimpadora.
Ás 16.00 horas, iniciarase un novo obradoiro infantil, nesta ocasión dedicado á elaboración de pan. As inscricións realizaranse por correo electrónico en cultura@boimorto.es e terán preferencia as nenas e os nenos empadroados no Concello de Boimorto.
Polbeiras e foodtrucks
Para poder desfrutar da feira durante todo o día, instalaranse diversos postos de comida. Haberá tres polbeiras e foodtrucks con diferentes propostas, ademais de postos de alimentación variados.
Magreco quere ser un ano máis un plan para toda a familia. Ademais dos obradoiros infantís, nenas e nenos contarán con inchables gratuítos durante toda a fin de semana e tamén poderán poñer a proba a súa habilidade ao volante no circuíto de tractores a pedais o sábado ao longo de toda a xornada e o domingo pola mañá.