Clases de Ximnasia.

 * Ximnasia de mantemento e Pilates en Boimorto: estas actividades programadas para o pasado mes de agosto e que foron aprazadas, retomaranse durante o mes de setembro. O lugar das clases é o pavillón, sendo a Ximnasia de mantemento os martes e a actividade de Pilates os xoves. O horario é de 21:00 a 21:45. Comezarán o martes día 6 e xoves día 8. A actividade e totalmente gratuíta para os que posean o carné deportivo.

 * Ximnasia de mantemento nas parroquias: o 3 de outubro comezarán de novo as ximnasias polas parroquias. O prazo de inscrición abre o luns 12 de setembro e para inscribirse chegará con chamar ó teléfono das oficinas do concello (981 51 60 20). É necesario un mínimo de 10 persoas para que se forme grupo na parroquia e o técnico deportivo se desprace ó local social para dar as clases nela. Terán prioridade nos horarios as parroquias que xa tiñan grupo en anos anteriores.

Category: