I Encontro Peninsular Arredor dos Cantares en Tempo de Reis

Este ano quixemos darlle unha volta máis no disfrute da nosa tradición e convocamos este Encontro, o día 10 de xaneiro, que se caracterizou por ser un acto aberto á participación e o seu obxectivo foi o de reflexionar, compartir, debater e gozar arredor dos cantares e costumes en Tempos de Reis.  Contamos coa participación de: Giani Ginesi (Cataluña), José Larrinaga (Euskadi), José Antonio Alonso e Joaquín Díaz pola Meseta, Domingos Morais (Portugal), Cristina Sánchez Carretero e Xesús Mato Mato (Galicia). Algúns dos convidados interpretaron unha mostra do folclore da cultura que representan.

Acceso ao album de fotos.