Info sobre a Ludoteca de nadal

BOIMORTO POR UN NADAL SOLIDARIO
Este ano decidimos darlle a volta á Ludoteca de Nadal, optando por crear conciencia nos nosos nenos e nenas. E como? A Ludoteca está programada de xeito que, divertíndose poidan colaborar cos que máis o necesitan. Para iso, entre outras moitas actividades, elaboraremos adornos navideños con material de refugallo, co fin último de que colaboredes con nós.
Para iso, o obxectivo desta Ludoteca será o MERCADO SOLIDARIO, ao que teredes acceso todos os que queirades achegarvos á feira o día 2 de xaneiro; estaremos nos arredores do centro de maiores de Boimorto. Alí, poderedes adquirir os adornos que queirades, feitos a man polas nenas e nenos, e co diñeiro recaudado, farase unha donación a unha fundación que proximamente revelaremos o nome, pero que fai unha labor impecable, e da que sabemos que o que entregamos está a bo recaudo.
Por suposto que, ademais da elaboración de adornos, teremos xogos todos os días, obradoiros de instrumentos, panxoliñas, chistes, buscas do tesouro... E unha clausura da Ludoteca con moitas sorpresas! Non perdades máis tempo e animádevos!! O prazo está a piques de rematar!