MAGRECO 2015

O Concello de Boimorto contará de novo coa feira de maquinaria agrícola, artesanía e produtos ecolóxicos, MAGRECO 2015, os días 28 e 29 de marzo.

Esta feira estase a consolidar como unha das máis importantes do interior da comunidade e cada ano imos mellorándoa e incorporando cousas novas. Contaremos de novo coa poxa de xovencas.

Ademais participarán as mellores casas comerciais, no que a maquinaria se refire, artesanía, produtos ecolóxicos, alimentación, apartado para os pequenos, pulpo…e moitas máis cousas que vos iremos descubrindo.

Convidámosvos a que sexades partícipes desta feira.

 

Todas as novidades iremolas poñendo en www.facebook.com/Magreco2015 premedelle en para non perdervos ningunha das novidades deste ano.