Durante o mes de xullo, en horario de 10:30h. a 13:00h. e de luns a venres, levaranse a cabo actividades na área recreativa da piscina para rapaces a partir de 6 anos. As actividades serán ao aire libre e no caso de que chova trasladarémonos ao colexio ou á casa da cultura. Haberá xogos, piscina, rutas de sendeirismo, obradoiros... Este ano non conteremos con servizo de transporte pero o programa será gratuíto.
As actividades comezarán o luns 4 de xullo e rematarán o mércores 29 de xullo e deberá de haber un mínimo de 10 nenos/as. Para anotarse deberedes pasar polo Concello a realizar a inscrición, o prazo remata o 30 de xuño.
Category: