Reunión informativa Cooperativa de Vivendas

Reunión informativa Cooperativa de Vivendas
O venres 25 de abril, ás 9 da noite, na Casa da Cultura de Boimorto teremos unha reunión informativa con todas aquelas persoas interesadas na compra dunha vivenda a un prezo mínimo, trataremos temas como:
Requisitos para ser socio da cooperativa.
Trámites e papel que desempeña o Concello.
Ubicación do edificio.
Custe final da construción.
Distribución das vivendas.
Funcionamento da cooperativa.
Dereitos e deberes dos socios.
Aportacións e entregas económicas.