Xornada divulgación AGFORWARD.

O Concello de Boimorto colabora co GDR (Grupo de Desenvolvemento Rural) e a USC (Universiade de Santiago de Compostela) na difusión dun encontro de presentación do proxecto de investigación AGFORWARD.

Esta iniciativa de investigación ten por obxectivo estudar e impulsar os sistemas agroforestais, é dicir, cultivos agrícolas ou explotacións gandeiras que contan con especies arbóreas no mesmo espazo que utilizan para a actividade agraria; analizando as súas características, vantaxes e problemáticas.

Está dirixida a persoas que desenvolvan a súa labor profesional no sector agrario, propietarios e propietarias de explotacións agrícolas e/ou gandeiras.

A xornada conta co seguinte programa:

- Xornada de mañá: encontro de presentación e mesa redonda de intercambio de ideas (edificio do Concello de Boimorto)

- Xantar (nun restaurante de camiño á visita establecida para a tarde)

- Xornada de tarde: visita instalacións empresa Bosques Naturales (A Mota, Boimorto).

Se desexas asistir ou coñeces a alguén a quen poida interesarlle este encontro, pode inscribirse a través do enderezo de contacto: mrosa.mosquera.losada@usc.es (Rosa Mosquera Directora do Departamento de Produción Vexetal e Presidenta da Federación Europea de Asociacións Agroforestais (EURAF)) ou ben a traves do mail do propio GDR utm23gdr@yahoo.es. A data limite para inscribirse é o 17 de outubro de 2014.

Carta de Presentación das xornadas.

Triptico do proxecto AGFORWARD.

WEB do proxecto