Bolsa emprego Auxiliar Xeriatria - Residencia para persoas maiores e Centro de Dia.

Ante o numero reducido de persoas que continuan na bolsa de emprego principal creada en marzo de 2012 decidese convocar unha nova Bolsa de emprego que se utilizará soamente nos casos en que non haxa xente dispoñible da primeira Bolsa. A bolsa funcionará ao igual que a aprobada en 2012 ata o 31/12/2015. Son requisitos especificos desta convocatoria: Certificado de escolaridade ou certificado de estudos primarios ou equivalente. Copia compulsada. Un curso homologado relacionado coas tarefas a desempeñar de xerocultor/auxiliar de xeriatría de alomenos 50 horas indicado polo/a aspirante e que non será valorado como mérito no concurso.  Copia compulsada. Empadroamento no Concello de Boimorto a data 17/03/2014. Certificado de empadroamento Mais información premendo nas bases que se ven máis abaixo.

Estado da convocatoria: