Deporte

Cabalgata de Reis

Informamos aos veciños e visitantes que debido ao mal tempo que se prevé para esta fin de semana cancelase a Cabalgata de Reis polas ruas do pobo.
As maxestades de oriente virán directamente ao Polideportivo Municipal a iso das 6 da tarde. Contaremos tamén con actividades para nenos e maiores a partir desa hora.

OMIX - Oficina Municipal de Informacion Xuvenil en Boimorto

 Oficina para informar, asistir e prestar o apoio en todos os asuntos que teñan que ver coa xuventude, tamén se pode tramitar o carné xove (para obter descontos e vantaxes en entidades e tendas colaboradoras e para poder acceder a actividades e a formación)
Recoméndase consultar a páxina xuventude.xunta.es, nela pódese consultar a oferta formativa, as bolsas e axudas (idiomas, prácticas, mobilidade) e emprego tanto público como privado.

Charla no Centro de Maiores.

Saturday, 14 December, 2013 - 00:00 to 23:59

O venres 14 de decembro contaremos coa presenza da técnico de deportes que nos explicará os seguintes temas:
Uso das máquinas coas que contamos no centro social, que como ben sabedes ampliou moito a súa oferta.
Táboas adaptadas á xente maior para que poidan traballar de forma correcta con estas máquinas.
Por último, mostraranos unha serie de exercicios que se poderán realizar na casa todos os días. Exercicios de mantemento sinxelos e que se poden practicar sen axuda.

Clases de Pilates polas parroquias

Nos meses de Xaneiro a Maio, un día á semana e cunha hora de duración por sesión.
Mínimo de 10 persoas por parroquia.
O prazo de inscrición remata o venres  27 de decembro de 2013.
O prezo é de 12 euros mensuais para as persoas que conten co carné de socio do Concello e de 15 euros para o resto (bonificación pendente de aprobación plenaria).

Pages

Subscribe to RSS - Deporte