Oficina para informar, asistir e prestar o apoio en todos os asuntos que teñan que ver coa xuventude, tamén se pode tramitar o carné xove (para obter descontos e vantaxes en entidades e tendas colaboradoras e para poder acceder a actividades e a formación)
Recoméndase consultar a páxina xuventude.xunta.es, nela pódese consultar a oferta formativa, as bolsas e axudas (idiomas, prácticas, mobilidade) e emprego tanto público como privado.