Feira de Comercio Galego 2011

Friday, 25 March, 2011 - 00:00 to Monday, 28 March, 2011 - 00:59

Lugar evento: 

Pavillón Minicipal

A feira terá lugar os días 25, 26 e 27 de marzo no pavillón municipal. Contaremos coa presenza de máis de 40 stands moi variados e competitivos. Todos eles con iluminación propia e todo estará preparado como se dun Centro Comercial se tratará. Non podedes perder a oportunidade de acudir. Tamén teremos inchables para os máis pequenos e postos de comida.
Desde o Concello queremos informar que esta feira non supón ningún gasto e que se ofertou a posibilidade de participar na mesma aos comerciantes de Boimorto de forma gratuíta.
A feira estará en funcionamento tres días e os horarios serán os seguintes:
Venres 25
Acto de inauguración ás 15:45h. Estades todos/as convidados/as.
Inicio da feira ás 16:30h.
Hora de peche ás 21:30h.
Sábado 26
Inicio da feira ás 10:30h.
Descanso de 14:30h. ás 16:00h.
Hora de peche ás 21:30h.
Domingo 27
Inicio da feira ás 10:30h.
Descanso de 14:30h. ás 16:00h.
Hora de clausura da feira ás 21:30h.
As fotos do Evento:
Feira Galega do Comercio -2011