Ruta Sendeirismo Goza do Ulla: San Xoan da Cova (Vedra)

Sunday, 6 August, 2017 (All day)

Ruta que discorre polo lado dereito do río Ulla aproveitando camiños de paso e sendas de pescadores. Inicio no “Miradoiro de Gundián” e remata na área recreativa de “Cubelas”. O longo do percorrido iremos pasando polo pobo de Ponte Ulla e a súa igrexa, a área recreativa de Agronovo e o Couto de Ximonde coa súa ponte colgante.

Distancia:13 kms.

Dificultade:media-baixa.

Data:domingo 6 de agosto.

Fin inscrición:xoves 3 de agosto, chamando ó teléfono 981 51 60 20.

 Saída:O bus sairá ás 8:30 do colexio de Boimorto e terá que haber un mínimo de 15 inscritos e un máximo de 25.