Documento:
Descrición:
Os interesados en optar a estas subvencións deben seguir os seguintes pasos:
* 1º Solicitar a cualificación provisional. Este tramite pódese realizar no Concello ou no Instituto Galego de Vivenda e solo.
Documentación:
Solicitude.
Certificado de empadroamento.
Fotos en cor das 4 fachadas e das estancias do interior nas que se queiran facer arranxos.
No caso de obras menores memoria explicativa segundo catálogo da Xunta (as memorias faranas os técnicos municipais para todo aquel que queira). E no caso de obras maiores, proxecto de obra redactado por técnico competente.
Resgardo de solicitude de obra no Concello. Non é preciso tela concedida nin pagada, senón que só tela solicitado.
*2º Os técnicos da Xunta farán unha comprobación antes de acometer as obras. Non se poden comezar as obras ata que o persoal do Instituto Galego de Vivenda e solo faga a primeira comprobación
*3º Unha vez recibida a cualificación provisional e unha vez aboada a licenza de obra poderanse comezar as obras.
*4º Ao remate das obras haberá 1 mes para solicitar a cualificación definitiva.
Documentación
Solicitude.
Copia da licenza.
Fotos en cor que reflicten as obras realizadas.
*5º Unha vez feita a solicitude, persoal do Instituto volve a ver as vivendas para comprobar que se fixeran as obras. Se todo está en orde enviaranlle, dende o Instituto Galego de Vivenda e solo, o documento de cualificación definitiva.
*6º Cando se abra o prazo de convocatoria de subvención solicitala presentando o documento de cualificación definitiva.
En todo caso a subvención nunca superará o 50% do importe nin os 6.600 € no caso de remate de fachadas, cubertas e rehabilitación; e os 8.600 € no caso de reconstrución.
Todos os que tiveran subvencións para este mesmo fin nos últimos 4 anos non poderán optar á mesma.
Todos aqueles veciños que teñan ou estean en trámites da Cédula de Rehabilitación poderán optar tamén a esta subvención.
Recomendamos a todo aquel que estea interesado pasar polo Concello antes de realizar ningún trámite para lle explicar mellor todos os pasos.
Tipo de documento: