De conformidade co establecido na disposición transitoria única do Real Decreto 635/2014 de 25 de xullo, fanse públicos os cálculos trimestrais dos períodos medios de pagamento a provedores nesta Corporación.
O día 5 de xaneiro de 2015 un centenar de nenos e nenas e veciños de Boimorto congregáronse polas rúas principias do Concello para ver pasar os Reis Magos que repartiron caramelos e os bos desexos o seu paso. Os Reis previamente acudiron facer unha visita na Residencia A Magdalena de Andabao e a Residencia Municipal en Boimorto. Remataron no polideportivo no que agasallaron a todos nenos/as con chuches e cun pequeno detalle.
O 28 de decembro en Boimorto escenificamos, por segundo ano consecutivo, un Belén vivinte coa participación de 20 cativos que foron os encargados de facelo realidade. Ademais contamos coa actuación da Escola de Música Tradicional de Mesía, Mini e o seu grupo de Boimorto e o grupo de música tradicional de Boimorto Os Santiaguinos. Todo isto no mellor dos escenarios, aigrexa parroquial de Boimorto.
O de 3 de xaneiro ÁS 16:30 celebrouse, un ano máis, o XI Certame de Cantares de Reis de Boimorto. O Certame é unha mostra de cantares tradicionais de reis, onde o bo facer de cada unha das cuadrillas, a harmonía e o empeño común de manter viva a nosa tradición é o mellor premio. Participaron 19 xugadas procedentes de todo o país galego que fixeron as delicias dos amantes do noso canto tradicional.