Servizos Sociais

COMIDA - BAILE NO CENTRO DE MAIORES

 
O venres 12 de decembro os do centro de maiores organizamos unha comida no Nati. Poden participar todos os xubilados e xubiladas que queiran aínda que non vaian asidualmente ó centro.
Haberá transporte coma sempre e despois do baile levarémolos a casa.

Outuno Cultural - Outubro e Novembro 2014

Durantes os meses de outono o Concello volve a poñer en marcha, como ven sendo habitual, o Outono Cultural:

  • 25 outubro Casa da Cultura ás 9 da noite

Rudi Dudi: música, malabarismos absurdos, coreografías e moitas risas


  • 7 de novembro Magosto popular

Telleira de Boimil Churrasco + castañas + dúo musical 6€ (maiores de 12 anos)
Ás 9 da noite Anotarse antes do 31 de outubro no Concello

Bolsas de emprego Residencia e Axuda no fogar.

Na sección de emprego do Concello poden atopar 2 novas bolsas de emprego convocadas polo Concello de Boimorto: Axuda no Fobar e Xerocultor na Residencia.

Ambalas duas teñen de prazo de presentación o 10 de setembro de 2014 ás 14:00 h.

Peons Xornada Parcial - RISGA

Faise publica o Decreto de Nomeamento de persoal laboral temporal peons protección e mantemento ambiental, persoal que foi seleccionado entre os veciños que perciben RISGA (Renda de Integración Social de Galicia) neste Concello de Boimorto.
Decreto de nomeamento.

Páginas

Suscribirse a RSS - Servizos Sociais