News

Novas de Servizos Sociais

   * Comunícaselle ós propietarios de vivendas baleiras que as queiran alugar que a Xunta de Galicia ten un programa de vivendas baleiras para alugueiro social. Se queren inscribir a súa vivenda para este tipo de alugueiros póñanse en contacto cos servizos sociais do Concello de Boimorto.

CURSOS PREPARATORIOS CELGA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia anuncia a convocatoria 2016 de cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 2, 3 e 4. Esta formación, de carácter gratuíto. Poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos. A realización non da dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio. Para obter o Celga hai que participar nas probas que convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Novas de emprego

   * O Concello de Boimorto xunto cos concellos de Sobrado, Vilasantar, Toques, Curtis e Mesía sendo promotor Sobrado ten concedido un Obradoiro de Emprego “ O Fogar da Montaña” coas especialidades de “ Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” e “ Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”. Toda persoa interesada en participar no proceso selectivo deberá ser demandante de emprego inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia e solicitar expresamente o seu interese en participar en dita selección na Oficina de Emprego de Melide.

Tags: 

Pages

Subscribe to News