News

Certame de Cantares de Reis de Boimorto

 O de 3 de xaneiro ÁS 16:30 celebrouse, un ano máis, o XI Certame de Cantares de Reis de Boimorto. O Certame é unha mostra de cantares tradicionais de reis, onde o bo facer de cada unha das cuadrillas, a harmonía e o empeño común de manter viva a nosa tradición é o mellor premio. Participaron 19 xugadas procedentes de todo o país galego que fixeron as delicias dos amantes do noso canto tradicional.

I Encontro Peninsular Arredor dos Cantares en Tempo de Reis

Este ano quixemos darlle unha volta máis no disfrute da nosa tradición e convocamos este Encontro, o día 10 de xaneiro, que se caracterizou por ser un acto aberto á participación e o seu obxectivo foi o de reflexionar, compartir, debater e gozar arredor dos cantares e costumes en Tempos de Reis.  Contamos coa participación de: Giani Ginesi (Cataluña), José Larrinaga (Euskadi), José Antonio Alonso e Joaquín Díaz pola Meseta, Domingos Morais (Portugal), Cristina Sánchez Carretero e Xesús Mato Mato (Galicia).

08 - Boletin emprego e formacion - Intermunicipal

O Boletin de emprego e formación editado polos Concellos de Arzua, Santiso e Boimorto.

Prema na imaxe para acceder ao boletin completo.

 

Pages

Subscribe to News